Benvid@s á web de O Apalpador
Ola a tod@s e benvid@s á páxina do Apalpador!
Esta pequena web pretende ser unha homenaxe á persoa do Apalpador, un vello carboeiro que disque vive nas montañas lucenses de O Caurel e baixa cada Nadal, concretamente o 31 de decembro, para vixiar se os nenos e nenas de Galicia están ben mantidiñ@s. Pálpalles as barrigas (de aí o seu nome) para saber se comeron ben durante ese ano, e o día de ano vello, mentres eles e elas están a durmir, déixalles de agasallo castañas e algunha que outra sorpresa.
Parecéunos importante escribirlle unha canción a este personaxe que formou parte da infancia de moitos d@s nos@s anterg@s e que esperemos siga viva nas d@s nos@s descendentes.
Son vari@s @s ilustradores/as que decidiron darlle forma ó Apalpador, gústanos todas, pero sentimos especial debilidade pola que fixo Leandro Lamas e por iso decidimos usala no video da canción.
Esperemos que disfrutedes tanto coma nós divulgando a cultura e as lendas que son de noso.
Gracias por pasar por aquí e facervos eco deste traballo.